Thursday 02 de May de 2024

Alternativa pide a retirada dos bolardos nos accesos do paseo fluvial


O lamentable estado de deterioro no que se atopan os bolardos situados nos accesos ao paseo fluvial do río Mero, fai que xa non realicen a súa función, senon que presenten un perigo para as persoas que a diario transitan a zona tanto a pé como en bicicleta.

Os actuáis concelleiros do grupo, Raúl Varela e Sandra Sánchez realizaron un percorrido pola senda na que puideron detectar esta entre outras incidencias. Polo que pedirán no pleno do vindeiro xoves a retirada ou reposición dos que se atopan totalmente esmagados e pouco visibles entre a maleza.